O partido pirata terá representación en Europa

Partido PirataA política pode ser unha materia moi interesante ou moi aburrida segundo os intereses de cada un pero acabamos de levarnos unha sorpresa moi grande co triunfo increible do Partido Pirata Sueco que con máis de 200.000 votos obterá representación no parlamento Europeo.

 

O Partido Pirata, apoiado por moito pero criticado sobre todo polo seu nome defende os dereitos de todos e todas en Internet e ten nas súas bases a promoción do Software Libre, de estándares abertos e da non aprobación das patentes de Software.

Unha noticia moi positiva e que pode darlle folgas a un Partido Pirata español necesitado de atención.

Pacto polo Software Libre

EuropaA comunidade internacional do Software Libre está a levar a cabo unha increible iniciativa para estas eleccións ó parlamento Europeo, a Free Software Pact Initiative, e o Wiki de Hispalinux.

 

Trátase de acordar cos diferentes partidos democráticos un compromiso de promoción, apoio e uso do Software Libre. Podemos consultar os termos deste acordo en Hipalinux ou en Galego en gracias a GALPON.

 

Estase conseguindo os compromisos co Software Libre de diferentes candidatos ó parlamento Europeo, aqueles que asinaron o compromiso polo software Libre en España podedes consultalos aquí. Tamén nesta página de Hispalinux podedes velo de unha forma más actualizada.

 

Actualmente so 15 candidatos españois asinaron o pacto polo software libre e forman parte maioritariamente de "Unión Progreso y Democracia". Tamén están os grupos de Iniciativa per Catalunya Verds.

 

Na mesma páxina podedes comprobar como os políticos españois non resisten a comparación cos de outros paises europeos, incluindo a tan restrictiva Francia e a súa lei dos tres avisos.

 

Non son quen de promocionar a un grupo político pero un compromiso afecta ás dúas partes.Votade con ollo nestas Europeas do 7 de Xuño (por si non o sabíades)

 

Saudos.

Actualizacion:

Ana Miranda do BNG firmou o compromiso polo Software Libre.

O novo disco de Danger Mouse

A verdade é que nin coñecía ó artista, pero, a través de 20minutos.es, leo que se propuxo manifestarse en contra da política da súa discográfica.

E a forma de facelo non é outra que sacar á venda o seu novo traballo, cuxo contido é un disco virxe. Os que queiran a música terán que baixala de internet a través das redes P2P.

Pero aí non queda a cousa.

Polo visto o álbum contará con varias colaboracións de outros artistas, e tamén se preparou un libro de fotografías do mesmísimo David Lynch.

O traballo sacarase en dúas versións:

Unha económica que sairá por uns $10 e que, ademais do cd virxe, incluirá un poster.

Unha edición de luxo (ou como sexa que lle chamen), con disco virxe, un poster distinto e o libro de fotografías de Lynch (do que só se imprimirán 5000 copias), por $50.

Non digo que esta sexa a alternativa ideal ao arcaico modelo de negocio das discográficas, pero se se producisen máis protestas deste tipo, ao mellor os que moven a pasta se dan conta que vai sendo hora de actualizarse.

Se cadra deberían renderse á evidencia de que o futuro do negocio pasa por redefinir o "produto" que se vende.

Se cadra xa non deberían ser vendedores de produtos, senon prestadores de servizos.

Señores e señoras, a exclusividade vende e as persoas, como somos un pouco tolas en ese aspecto, asumimos o pago de prezos desorbitados por produtos que sabemos que imos compartir con pouca xente. E atesourámolos para que manteñan esa condición de exclusivos.

Evidentemente se van a sacar miles de millóns de discos iguais... ao final non resulta atractivo e o único que nos interesa do produto é o disfrute do mesmo, escollendo o formato máis cómodo para nós.

Resumindo: Tolos, poida. Tontos, para nada.

Pero iso só é a miña opinión.

“Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa”

Roberto BrenllaRoberto Brenlla presentará o Xoves 28 de Maio en Lugo a conferencia “Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa”. O acto celebrarase ás 19 horas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Repartiranse CD's de GALINUX.

A charla está enmarcada no proxecto ETIC 2009, pola que xa se están a impartir outros obradoiros vencellados ao software libre e ás novas tecnoloxías.A asistencia a este relatorio, como aos outros previstos, requirirán de inscrición previa que, ademais, dará opción a participar no sorteo dun Netbook Asus Eee pc 901.

Enlace ó proxecto Site da CEL

Enlace ó blog de Brenlla, asennadas.

Costou un pouco máis encontrar a páxina de inscripción.

Tomado de Mancomun...

Saudos.

Feliz día do Orgullo Friki

Como primeira entrada logo de moito tempo sen publicar nada, vou a permitirme unha pequena licencia e felicitarvos a todos polo día do Orgullo Friki.

http://www.orgullofriki.com

Xogos en GNU/Linux

DJLBoas a todos.

Recentemente acaba de ser publicada unha nova versión de DJL, un sistema de administración de xogos ó estilo de STEAM de Valve. Esta plataforme permite instalar automaticante os 104 xogos dispoñibles. Esta ferramenta esta feita en Python e a permitir administrar os xogos con facilidade, xogar en linea  e avanzar cara a normalidade de un escritorio completo en GNU/Linux, xogos incluidos.

A instalación é tan sinxela como dende a consola:

wget http://www.djl-linux.org/maj_djl/archives/djl-1.2.6.tar.gz

tar zxvf djl-1.2.6.tar.gz

cd djl

sh djl.sh

Enlace á Web de DJL.

Visto en Mancomun, Saudos.

A Universidade de Pobo

UpeopleA organización das Nacións Unidas empeza a traballar nun acceso real á cultura e a formación universal para toda a humanidade.

Para eso débense solventar os problemas de acceso ó material de formación e os requisitos económicos que non debería esixir unha formación universal.

A ONU acaba de presentar a Universidade do Pobo.

Sin duda, unha gran noticia.

Saudos.

Ultimas novidades sobre os portátiles da Escola 2.0

Despois de enterarnos que o do regalo de un portatil para cada alumno non era máis que un regalo envenenado cheo de créditos e consumo forzado, o PSOE anuncia ahora que proporá que veña Software Libre preinstalado nos equipos.

Dende logo é un cambio a positivo pero non deixa de ser unha medida electoralista e con un tufo horrible a propaganda.

A noticia en público.

Información sobre a "Escola 2.0"

Software Libre EducacionUn dos anuncios que o Presidente do Goberno, Jose Luis Rodríguez Zapatero, fixo duranto o debate do Estado da Nación foi unha medida que intentará impulsar o nacemento da "Escola 2.0". Estas medidas consistirán en:

  • A dotación tecnolóxica das aulas,
  • Conexión inalámbrica a prezo reducido e,
  • Un ordenador portátil para cada neno.

Os ordenadores portátiles para cada neno pode ser unha medida interesante pero sempre que se realice de unha maneira xusta e ética. Non se poden volver a cometer antiguos erros e entregar os equipos con Windows creando pícaros SoftwareDependentes. A decisión de uso do Sistema Operativo dependerá de cada Comunidade Autónoma pero virán preinstalados con Windows o que obligaría o pago das licencias independentemente do S.O. que se usase.

Aínda que o tema do sistema operativo que leven os equipos nos preocupa seriamente tamén sería moi importante valorar o impacto do uso de licencias para o material informático creado para a Aula. Todo o material creado para esta "Escola 2.0" estará baixo Copyright e se utilizarán medios físicos para limitar o acceso e o uso por cada alumno:

[ . . . ] Las editoriales trabajan en el desarrollo de paquetes de
materiales digitalizados, cuya novedad sería que los libros
electrónicos llevan implantados un gestor (un hardware) que contiene
una licencia personal para cada usuario. El niño al entrar en el
ordenador introduce la contraseña que va en su licencia y empieza a
trabajar en su libro digital. El gestor sirve también para que el
profesor controle lo que hace cada niño en su ordenador. [... ]

Podedes informarvos en:

Diario Público

CEIP A Rúa

Poñemos tamén a continuación un enlace a un documento creado polos grupos galegos de Software Libre mostrando o seu malestar coa medida que se está a proxectar:

Manifesto a prol do SwL no ensino primario

E por si fora pouco tamén temos as declaracións de Richard Stallman que sigue na súa liña...

Richard Stallman

Saudos a todos.

 

Unha victoria na UE importantísima

UEHoxe saeu adiante no Parlamento Europeo unha enmenda que exige claramente a autorización xudicial para a desconexión de un usuario de Internet. Pode, en principio non parecer moi relevante, pero significa a primeira pedra para o recoñecemento dos dereitos das persoas en Internet.

Distribuir contenido