A Xunta de Galicia acaba de liberar arredor de un millón de euros para que os traballadores autónomos poidan adquirir material informático con Software Libre preinstalado. Os requisitos:
"Os traballadores que queiran optar a esta liña de axudas terán que estar dados de alta no Réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia. Ademais, debe acudir á entidade colaboradora co seu DNI e o recibo mensual do último pagamento á Seguridade Social (TC1). No caso de que no DNI non figure domicilio en Galicia poderá achegar un certificado de domicilio fiscal da Axencia Tributaria. Nestas axudas non está incluído o comercio retallista."
As entidades colaboradores encontrades situadas nun mapa na web: http://www.xunta.es/cei/pcautonomos/info.jsp
A entidade colaboradora máis cercana é:



Pantalla completa
INFOTEC MARIÑA - INFOTEC MARIÑA S.L.
OTERO PEDRAYO, 5
27780 FOZ
LUGO
Tlfno: 982141419 Correo electrónico: infotecmarina@terra.es
Saudos.