|
Enviado por ianpaice el Dom, 10/04/2009 - 22:49.
|
Igalia está a presentar o Premio o Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre 2009 nas facultades galegas.

O día 30 de septembro tocou en Vigo e Santiago de Compostela, o día 1 de Outubro en Ourense e o día 6 de Outubro presentarase na Universidade da Coruña. O premio está dotado de 1000€ para o gañador e Mancomun Colabora activamente na infraestructura necesaria.
Para apuntarse no concurso é necesario suscribirse a unha lista de correo.
Tamén temos á disposición en Mancomun unha entrevista ós responsables de Igalia falando do Software Libre en Galicia e dos proxectos do Master de Software Libre e do Premio Fin de Carreira 2009.
Saudos.
|
Enviado por dpurple el Vie, 10/02/2009 - 22:50.
|
Parece que sempre estamos a publicar temas relacionados coa vida do software libre, me refiro a estado das comunidades, novas versions de software,... pois nada, recordei que xa fai uns meses tiven a oportunidade de trasladar as miñas expreiencias a un grupo de xente interesada nun programa que en principio a gran maioria nin oira falar del. Foi nesta última edición de PartyFoz onde se me propuxo dar unha pequena charla de Inkscape coa intención (como sempre) de levantar lixeiramente a curiosidade na comunidade que nos rodeaba neses intres, e teño que decir que non sei si realmente fixo efecto o tema, pero polo menos durante a hora que durou a charla, se puideron escoitar opinións que surxiron no momento, e dudas sobre o tema.
E equí Inkscape, mais que unha alternativa, e certo, xa e unha realidade dende ahi un tempo que se pode traballar con certa calidade temas de debuxo vectorial. Eu a verdade non levo o tempo suficiente seguramente para sacarlle proveito de abondo, pero creo que sen sabelo fun un claro exemplo de necesidade e condicionamento do software libre; refirome a que nun momento da miña actividade en Galite, tiven a necesidade de facer uns deseños de panfleteos, carteis, acreditacións, etc,... e vin grandes posiblidades neste software a pesares da miña total inexperiencia no mundo do deseño. E un software que esta suficientemente expandido para atopar documentación con calidade para poder desenvolver un pequeno traballo, invirtindo un numero de horas non demasiado alto.

E por elo que aquí vos deixo un ENLACE a un pequena presentacion en .pdf que foi a utilizada na charla da PartyFoz V edición. Por último decirvos que realmente e un software tan potente, como pontentes sexan as vosas ideas,... adiante con elo rapaces.
|
Enviado por dpurple el Mar, 09/08/2009 - 21:07.
|
Xa fai un tempo se non vos recordades, saia un curioso aparello nos telexornais galegos, recorrendo as rúas peatonais de Santiago de Compostela, tratávase da "Bicicleta Google" que tomaba instantaneas das rúas da cidade para implementalas a http://maps.google.es/streetview.
Pois ben, agora parece que lle toca a nosa capital de provincia, onde curiosamente esta mañán durante a miña ruta de traballo topei cun vehiculo un tanto curioso o que denominarei "Google Maps Car", circulando pola Rúa Illas Cies.
Ahí vos deixo unha instantanea que cando menos e curiosa.
Ánimo, xa logo chegan a Foz!!

|
Enviado por ianpaice el Mié, 09/02/2009 - 13:35.
|
Gracias a Mancomún.org (corta/pega) informámosvos de dúas novidades realmente importantes:
A Consellería de Educación saca a concurso a migración a software libre do seu servizo de correo
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso o servizo de migración da súa plataforma de correo electrónico corporativo cara a unha arquitectura baseada en software libre. O anuncio foi publicado no DOG do día 1 de setembro.
O concurso está dotado cun importe de 180.000 € con I.V.E. e na seguinte ligazón pódense atopar os pregos das condicións técnicas e das cláusulas administrativas.
Algúns dos requirimentos desta contratación son:
- O desenvolvemento e implantación dunha solución baseada en software libre para a plataforma de correo electrónico da consellería que deberá incluír o servizo frontal de correo, o servizo de antispam, o servizo de antivirus, o servizo de caixas de correo e o servizo de webmail.
- A migración da plataforma actual de correo cara á nova solución de xeito que o usuario non perda ningún tipo de información asociada coa súa conta de correo electrónico
- Integración dunha interface web accesíbel segundo o estándar WAI-AA da W3C.
- O mecanismo de autenticación da solución deberá integrarse totalmente co sistema LDAP corporativo baseado en OpenLDAP.
- Os mecanismos de comprobación do estado do servizo deberán integrarse co sistema de monitorización Nagios.
O IV Concurso Universitario de Software Libre admitirá proxectos doutros ámbitos de formación superior
O Concurso Universitario de Software Libre arrinca un ano máis, traendo nesta edición unha importante novidade de cara a ampliar o número de participantes. Así, este curso estenderase a posibilidade de inscrición aos alumnos de Bacharelato, os ciclos formativos de grao medio e superior e aos estudantes de terceiro ciclo e de másters. Esta información fíxose pública onte na que foi a presentación oficial da que xa é a cuarta edición do certame.
Alén da gran novidade mencionada, o concurso manterá a mesma dinámica que en anos anteriores, co propósito xa reiterado de fomentar a creación e de contribuír á consolidación da comunidade de Software Libre no ámbito universitario, ampliado agora a outros ámbitos de formación.
Está previsto que a contía dos premios tamén sufra modificacións, incrementándose segundo a tendencia que se viña producindo e superando as cifras de 9.000 e 15.000 euros da convocatoria do 2008. No entanto, isto non se confirmará ata que a organización non peche o listado de patrocinadores, actualmente aberto á espera de entidades colaboradoras.
---
Parece que o novo goberno quere demostrar que as súa intencións co Software Libre son verdadeiras e están empezando a solicitar desenrolos neste tipo de Software. É so un comezo pero moi importante.
Respecto ó concurso universitario podían rectificar o nome nunha futura edición xa que non solo abrange a universitarios. A aceptación de alumnos de outros ámbitos é mais que necesaria xa que a boa programación pode entender de formación pero tamén existe un compoñente de inspiración que calquer alumno pode ter.
Saudos a todos.
|
Enviado por dpurple el Jue, 08/27/2009 - 00:40.
|
Boas rapaces, acabo de subir un video que seguro que a xente estaba a esperar. Se trata do video promocional-agradecemento da nosa xa V edición de PartyFoz.
Espero que sexa do voso agrado.
Un saudo para todos.
*Destacar como non que a edición deste video asi como os compoñentes musicais se fixeron baixo licenzas creative commons e software libre*
Enlace a video de youtube
|
Enviado por ianpaice el Mar, 08/25/2009 - 20:39.
|
Boas a todos.
Por fin empezamos a subir o material acumulado durante os días 14, 15 e 16 de Agosto. Durante eses días tivo lugar Partyfoz 2009 e queremos dar as gracias a todos os que a fixeron posible.
Empezando por todos os participantes que volveron a dar o millor de si para que non houbese ningún tipo de problema, os locales comerciales que este ano volveron a colaborar nos premios: INFOTEC, BELIANORTE, OUVILECTRONIC e MEGABYTE.
Ó Concello de Foz por proporcionarnos material necesario para poder desenvolver o evento e á paciencia dos técnicos do axuntamento para que funcionara todo.
A Mancomún que nos proporcionou GALINUX e un TUX que deu moito colorido á Party. Asimesmo gustaríanos recalcar de que despois de fixarnos creemos que estamos a conseguir, con un traballo de anos, que a xente probe GNU/Linux, algúns quedarán e outros marcharán pero cada novo usuario de Software Libre conta.
E non podía falta a todos esos amigos que colaboraron de forma desinteresada axudando nos campeonatos, nos pedidos da comida, na intsalación das consolas, etc, etc, etc.
Enlace á Galería Partyfoz 2009
|
Enviado por ianpaice el Mar, 08/18/2009 - 19:17.
|
Despois de outra edición máis de Partyfoz queríamos dar as gracias a todos os asistentes, todos os comecios que colaboraron, os locales de marcha que nos deron o 2x1 e os de hostelería que nos aprovsionaron.
Unha edición máis de Partyfoz saeu adiante gracias a todos e seguimos sentíndonos orgullosos do bon ambiente reinante.
A destacar os torneos, a timba de poker e a gorra de PPSNELO, bueno e moitas máis cousas.
Proximamente conseguiremos poñer en común os videos e as fotos oficiais tamén podedes aportar as vosas no foro.
Saudos a todos.
|
Enviado por ianpaice el Sáb, 08/15/2009 - 06:01.
|
Xa arrancou Partyfoz 2009 oficialmente ás 12:00 do venres. Preparados para tres días de cables, comida rápida, internet e bo ambiente.
Os servicios da lan funcionan correctamente incluindo internet e o DC++, todo traballando en Software Libre e GNU/Linux.
Ainda quedan prazas dispoñibles e os torneos de Counter Strike, Guitar Hero III, Open Arena e Pro Evolution Soccer 2009 darán comezo mañá. Ainda estades a tempo de acudir e participar xa que quedan algunhas prazas libres.
Adxuntamos algunhas fotos:
Saudos
|
Enviado por kuko el Mié, 08/05/2009 - 14:37.
|
Confirmado o segundo xogo de PC, sera o Open Arena, xogo libre basado no motor do Quake III.

|