A Neutralidade na rede vista por Ibarra

Juan Carlos RodIbarra/Stallmanríguez Ibarra, expresidente da Comunidade Autónoma de Extremadura e un dos grandes impulsores do uso do Software Libre en españa ven de publicar un artículo na Tribuna de "El Pais". Neste artículo trátase o interesante tema da Neutralidade na Rede e a intención do Presindente de Telefónica de cobrar ós buscadores por utilizar as súas redes.

Stallman foi premiado pola Comunidade de Extremadura pola súa aportación ó Software Libre xa fai anos.

"Lo que nos temíamos con la neutralidad de la Red, puede estar incubándose tras las declaraciones del señor Alierta, presidente de Telefónica: "Es evidente que los buscadores de Internet utilizan nuestras redes sin pagarnos nada, lo cual es una suerte para ellos y una desgracia para nosotros. Pero eso no puede seguir, las redes las ponemos nosotros (...), lo hacemos todo. Eso va a cambiar, estoy convencido", apostilló en una charla en Bilbao.

De nuevo nos encontramos con el debate que, alrededor de la neutralidad de la Red, sucedió en la campaña electoral norteamericana, donde John McCain, candidato republicano, consideraba a Internet como un producto, más que como un servicio o infraestructura, que puede ser proporcionado por el sector privado con una mínima intervención pública. En su experiencia como senador se ha posicionado ya entre los que no apoyan la neutralidad. La posición de Barack Obama fue diametralmente opuesta..." LEER MÁIS

O seños Ibarra estase a ganar a pulso un sitio privilexiado na promocion do Software Libre e na Libertade en Internet.

Saudos.

 

 

Locutorios e cibercafés. Renovarse ou morrer. LocoLinux 1.0

Moitos eramos os que augurabamos a morte deste tipo de negocios, dado a que hoxe en día calquera persoa ten acceso a internet, xa sexa domestico ou ca gran oferta que hai publica como telecentros e privada moitísimos bares, cafeterías… ofrecen como un servizo máis, unha “wifi” aberta para os clientes.

O principal problema en este tipo de negocios e que a inversión inicial e bastante grande, non só pola compra dos equipos en si, se non ademais, por un gasto igual ou superior, o gasto en software e licenzas, pero logrando abaratar este gasto inicial o negocio sería moito máis viable.

Aquí e onde aparece LocuLinux 1.0 para explotar un mercado descoñecido para GNU/Linux, esta distribución esta basada en Ubuntu 9.10 (Karmin Koala) e consta con todo o necesario para este tipo de negocios, Programas de Ofimática, Clientes de mensaxería…

I Certame de Fotografía "Ruth Matilda Anderson"

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC organiaza o Primeiro Certame de Fotografía "Ruth Matilda Anderson", co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora [próximo 8 de marzo].

O concurso está dirixido a alumnos/as, ex-alumnos/as ou persoal docente da USC.

O tema, evidentemente, terá unha relación directa coa muller traballadora. Valorarase a creatividade e a innovación.

As datas para presentar os traballos van dende o 1 a o 18 de febreiro. Serán recollidos no Rexistro Xeral da Universidade.

 

As 25 fotografías escollidas pasarán a forma parte dunha exposición itinerante.

As contías dos premios para as 3 mellores fotografías serán de 1000€, 800€ e 500€.

Podedes atopar máis información en: http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0003.html

iFreeTablet fronte a iPad

Boas a todos.

Levandolle a contraria a case que todo o mundo non me gusta nada Apple, por convicción. Podo aprezar que teñen un bo sistema operativo, un bo ou magnifico hardware e seguramente unha plataforma mobil (o iPhone) por agora insuperable. Pero si falamos sobre libertades Apple so proporciona cadeas, e como aqui sempre damos alternativas libres presentamos un proxecto español cahamado: iFreeTable.

iFreeTablet

  • Sistema operativo usando software libre e kernel Linux.
  • Sistema de radio e televisión por Internet.
  • Sistema de control domótico de dispositivos dixitais do fogar.
  • Sistema comunitario de difusión de eventos por Internet.
  • Disco duro 160G SATA HDD
  • Conexión Ethernet e WIFI
  • Cámara 1,3 Mpixels
  • 3 portos USB, saída VGA, lector de tarxetas 4 polgadas , 2 Mini PCI-E: unha para WiFi, 802.11b / g 54Mb e outra para 3G/3.5G HSDPA / WCDMA tarxeta (opcional) ...

Máis información de forma resumida en Mancomun.org ou na páxina do proxecto.

Saudos.

Breve: A Navalla Suiza busca colaboración

A Navalla Suiza, empresa do Concello de Ames do eido de Internet, busca unha persoa por tempo parcial para traballar en temas de Maquetación e Interactividade.

Máis info: http://anavallasuiza.com/jointheknife/

Actuacións da Xunta no eido do FLOSS ata 2013

Boas a todos.

A través de un corre de AGASOL sobre a última reunión coa SXMIT (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) ó que acudiron as asociacións INEO, AGESTIC, EGANET, AETIC, ASIMELEC e AGASOL enterámonos do plan que ten elaborado o goberno actual da xunto no eido do FLOSS (Free Libre Open Source Software).

 

 Más información.

Saudos.

 

Aniversarios do día

Linux Benedict Torvalds [ 40 anos ] Creador do kerner orixinal do que xurdiron os actuais sistemas GNU/Linux.

Linux Benedict Torvalds

Stan Lee
[ 87 anos ] Co-creador de unha chea de personaxes de banda deseñada, maiormente para Marvel Comics, moitos dos cales volven a estar de rabiosa actualidade porque adaptacións cinematográficas das súas historias foron, ou están pendentes de ser, estreadas.

Stan Lee

 

Felicidades a ambos, Mestres!

Axuda á Asociación de Internautas

Asociación de InternautasAinda sabendo que representar a un colectivo tan heteroxeneo como a comunidade Intenauta é realmente complicado debemos recoñecerlle ás Asociación de Internautas a súa defensa do Software Libre e da xustiza en Internet.

Recentemente foi condeada a un pago de unha multa esaxerada e que consideramos unha condena a morte interesada polos diferentes grupos de presión que desexan a súa desaparición.

A AI está reclamando a nosa axuda para o pago desta sanción e pódese facer asociándose, cunha transferencia bancaría, un pago con tarxeta e incluso a tráves de un SMS. Esta última opción e tan sinxelo como enviar dende o noso movil: AI ó 27595 (Custo de 1,20€ más IVE).

Si queres doar máis podes acceder á súa Web de doacións.

Axudemos á Asociación de Internautas!!!

 

Michael "Monty" Widenius preocupado polo futuro de MySQL

O creador do sistema xestor de bases de datos libre máis extendido da web, MySQL, amosouse preocupado pola inminente adquisición da compañía SUN, propietaria de MySQL, por parte de Oracle, un dos principais competidores comerciais do SXBD.

A través dun artígo no seu blogue expresa os seus temores e argumenta con exemplos a súa preocupación, como o da compra da empresa Innobase, creadores da tecnoloxía de almacenamento de datos InnoDB, tamén por parte de Oracle en 2005 e como foi xestionada dita tecnoloxía a partir de entón.

O goberno dos Estados Unidos de América xa aprobou a operación de compra, pero a Comunidade Europea está ainda preocupada polas posibles repercusións que poda ter.

Amparandose en iso, Monty pide axuda para salvar MySQL, tratando de que os usuarios de MySQL fagan chegar a mensaxe á mesma Comunidade Europea.

Non fai falla que sexades administradores de sistemas para preocuparvos de este tema.
Se tedes un blogue, coma este mesmo, ou unha páxina web, ou sodes usuarios de algún foro de calquer tipo, seguramente esas aplicacións funcionen contra unha base de datos MySQL, pois ao ser unha tecnoloxía aberta e cun sistema de licenzamento dual convirteo en un dos xestores de bases de datos relacional máis extendido de internet e que permite que os servizos web sexan baratos [e nalgún caso gratuíto].

Vale a pena que vos pasedes polo seu blogue e lle adiquedes un par de minutiños a ler o que expón:

http://monty-says.blogspot.com/2009/12/help-saving-mysql.html [inglés]

 

 

"En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"

GALITE quere mostrar o seu apoio o manifesto que recorre a rede en resposta á lei de "Economía Sustentable". Publicamos a continuación a versión en Galego do manifesto aportada por "Foz".

DerechoManifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentable dasmodificacións lexislativas que afectan ao libre exercicio das liberdades de expresión, de información e ao dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que ...

1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e á liberdade de expresión.

2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sendo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza.
Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.

3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, perxudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.

4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industrias culturais, se non de moitas fontes distintas.

5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baséa no control das copias dos traballos e na Internet non é posible sen violar os dereitos fundamentais, haberá que atopar outro modelo.

6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, cribles, accesibles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.

7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sendo libre.

8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentable para o futuro.

9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan aos dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.

Distribuir contenido