I Certame de Fotografía "Ruth Matilda Anderson"Enviado por foz el Mar, 02/02/2010 - 11:18. |
A Oficina de Igualdade de Xénero da USC organiaza o Primeiro Certame de Fotografía "Ruth Matilda Anderson", co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora [próximo 8 de marzo].
O concurso está dirixido a alumnos/as, ex-alumnos/as ou persoal docente da USC.
O tema, evidentemente, terá unha relación directa coa muller traballadora. Valorarase a creatividade e a innovación.
As datas para presentar os traballos van dende o 1 a o 18 de febreiro. Serán recollidos no Rexistro Xeral da Universidade.

As 25 fotografías escollidas pasarán a forma parte dunha exposición itinerante.
As contías dos premios para as 3 mellores fotografías serán de 1000€, 800€ e 500€.
Podedes atopar máis información en: http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0003.html



