iFreeTablet fronte a iPadEnviado por ianpaice el Lun, 02/01/2010 - 14:59. |
Boas a todos.
Levandolle a contraria a case que todo o mundo non me gusta nada Apple, por convicción. Podo aprezar que teñen un bo sistema operativo, un bo ou magnifico hardware e seguramente unha plataforma mobil (o iPhone) por agora insuperable. Pero si falamos sobre libertades Apple so proporciona cadeas, e como aqui sempre damos alternativas libres presentamos un proxecto español cahamado: iFreeTable.

- Sistema operativo usando software libre e kernel Linux.
- Sistema de radio e televisión por Internet.
- Sistema de control domótico de dispositivos dixitais do fogar.
- Sistema comunitario de difusión de eventos por Internet.
- Disco duro 160G SATA HDD
- Conexión Ethernet e WIFI
- Cámara 1,3 Mpixels
- 3 portos USB, saída VGA, lector de tarxetas 4 polgadas , 2 Mini PCI-E: unha para WiFi, 802.11b / g 54Mb e outra para 3G/3.5G HSDPA / WCDMA tarxeta (opcional) ...
Máis información de forma resumida en Mancomun.org ou na páxina do proxecto.
Saudos.




En desacordo...
... con iso de que ten unha plataforma móbil insuperable.
A vantaxe de apple con respecto ao resto de produtos informáticos de consumo é que ten a man metida en todos e cada un dos aspectos que envolven a marca [hardware e software], mantendo unha compatibilidade plena do primeiro co segundo.
MS, só crea software e o único que pode facer son tratos con fabricantes e distribuidores de hardware para que incluan os seus produtos directamente ou para que desenvolvan drivers para o seu SO.
Pero Apple xa foi máis fiable do que é ahora. Hoxe en día só se aproveita da fama que foi conseguindo nos 90, logo de que volvese Jobs, pero non nos enganemos, é unha gran corporación á que SÓ lle interesa os beneficios.
Google é outra gran corporación que busca beneficios, pero ata ahora trata mellor aos usuarios. O día que comece a facer cousas escuras e sinistras... haberá que darlle o toque.
[Ala! xa me saiu a charleta fanboy]
P.D.: Afinidades aparte, hai que ser obxectivo e ver as cousas como son realmente: ferramentas. E o que teño moi claro é que, para según que traballos, os equipos de apple gañan por goleada.