Michael "Monty" Widenius preocupado polo futuro de MySQL

O creador do sistema xestor de bases de datos libre máis extendido da web, MySQL, amosouse preocupado pola inminente adquisición da compañía SUN, propietaria de MySQL, por parte de Oracle, un dos principais competidores comerciais do SXBD.

A través dun artígo no seu blogue expresa os seus temores e argumenta con exemplos a súa preocupación, como o da compra da empresa Innobase, creadores da tecnoloxía de almacenamento de datos InnoDB, tamén por parte de Oracle en 2005 e como foi xestionada dita tecnoloxía a partir de entón.

O goberno dos Estados Unidos de América xa aprobou a operación de compra, pero a Comunidade Europea está ainda preocupada polas posibles repercusións que poda ter.

Amparandose en iso, Monty pide axuda para salvar MySQL, tratando de que os usuarios de MySQL fagan chegar a mensaxe á mesma Comunidade Europea.

Non fai falla que sexades administradores de sistemas para preocuparvos de este tema.
Se tedes un blogue, coma este mesmo, ou unha páxina web, ou sodes usuarios de algún foro de calquer tipo, seguramente esas aplicacións funcionen contra unha base de datos MySQL, pois ao ser unha tecnoloxía aberta e cun sistema de licenzamento dual convirteo en un dos xestores de bases de datos relacional máis extendido de internet e que permite que os servizos web sexan baratos [e nalgún caso gratuíto].

Vale a pena que vos pasedes polo seu blogue e lle adiquedes un par de minutiños a ler o que expón:

http://monty-says.blogspot.com/2009/12/help-saving-mysql.html [inglés]