O novo disco de Danger Mouse

A verdade é que nin coñecía ó artista, pero, a través de 20minutos.es, leo que se propuxo manifestarse en contra da política da súa discográfica.

E a forma de facelo non é outra que sacar á venda o seu novo traballo, cuxo contido é un disco virxe. Os que queiran a música terán que baixala de internet a través das redes P2P.

Pero aí non queda a cousa.

Polo visto o álbum contará con varias colaboracións de outros artistas, e tamén se preparou un libro de fotografías do mesmísimo David Lynch.

O traballo sacarase en dúas versións:

Unha económica que sairá por uns $10 e que, ademais do cd virxe, incluirá un poster.

Unha edición de luxo (ou como sexa que lle chamen), con disco virxe, un poster distinto e o libro de fotografías de Lynch (do que só se imprimirán 5000 copias), por $50.

Non digo que esta sexa a alternativa ideal ao arcaico modelo de negocio das discográficas, pero se se producisen máis protestas deste tipo, ao mellor os que moven a pasta se dan conta que vai sendo hora de actualizarse.

Se cadra deberían renderse á evidencia de que o futuro do negocio pasa por redefinir o "produto" que se vende.

Se cadra xa non deberían ser vendedores de produtos, senon prestadores de servizos.

Señores e señoras, a exclusividade vende e as persoas, como somos un pouco tolas en ese aspecto, asumimos o pago de prezos desorbitados por produtos que sabemos que imos compartir con pouca xente. E atesourámolos para que manteñan esa condición de exclusivos.

Evidentemente se van a sacar miles de millóns de discos iguais... ao final non resulta atractivo e o único que nos interesa do produto é o disfrute do mesmo, escollendo o formato máis cómodo para nós.

Resumindo: Tolos, poida. Tontos, para nada.

Pero iso só é a miña opinión.