Responder al comentario
O partido pirata terá representación en EuropaEnviado por ianpaice el Mar, 06/09/2009 - 00:31. |
A política pode ser unha materia moi interesante ou moi aburrida segundo os intereses de cada un pero acabamos de levarnos unha sorpresa moi grande co triunfo increible do Partido Pirata Sueco que con máis de 200.000 votos obterá representación no parlamento Europeo.
O Partido Pirata, apoiado por moito pero criticado sobre todo polo seu nome defende os dereitos de todos e todas en Internet e ten nas súas bases a promoción do Software Libre, de estándares abertos e da non aprobación das patentes de Software.
Unha noticia moi positiva e que pode darlle folgas a un Partido Pirata español necesitado de atención.



