Responder al comentario
Pacto polo Software LibreEnviado por ianpaice el Dom, 05/31/2009 - 13:12. |
A comunidade internacional do Software Libre está a levar a cabo unha increible iniciativa para estas eleccións ó parlamento Europeo, a Free Software Pact Initiative, e o Wiki de Hispalinux.
Trátase de acordar cos diferentes partidos democráticos un compromiso de promoción, apoio e uso do Software Libre. Podemos consultar os termos deste acordo en Hipalinux ou en Galego en gracias a GALPON.
Estase conseguindo os compromisos co Software Libre de diferentes candidatos ó parlamento Europeo, aqueles que asinaron o compromiso polo software Libre en España podedes consultalos aquí. Tamén nesta página de Hispalinux podedes velo de unha forma más actualizada.
Actualmente so 15 candidatos españois asinaron o pacto polo software libre e forman parte maioritariamente de "Unión Progreso y Democracia". Tamén están os grupos de Iniciativa per Catalunya Verds.
Na mesma páxina podedes comprobar como os políticos españois non resisten a comparación cos de outros paises europeos, incluindo a tan restrictiva Francia e a súa lei dos tres avisos.
Non son quen de promocionar a un grupo político pero un compromiso afecta ás dúas partes.Votade con ollo nestas Europeas do 7 de Xuño (por si non o sabíades)
Saudos.
Actualizacion:
Ana Miranda do BNG firmou o compromiso polo Software Libre.



