|
Enviado por foz el Jue, 03/04/2010 - 11:04.
|
Logo de xa 6 anos de vida, a xente de Ubuntu decidiu aproveitar o futuro lanzamento da versión 10.04 "Lucid Lynx" para renovar o estilo da distribución.
Abandonan así o tema "Human", presente dende o principio e que sufriu lixeiras modificacións no transcurso de estes 6 anos, para adopar o tema "Light" que, segundo explican, pretende aportar claridade e calidez á experiencia de usuario.
As liñas do novo deseño son moi simples e minimalistas.
A marca principal "ubuntu" conserva o símbolo característico dos tres sectores, pero cambia a tipografía do logotipo.

Foron revelados tamén outros redeseños para a comunidade ubuntu que seguen a liña do anterior o que convirten este cambio en unha renovación importante a nivel de identidade de marca.
Ademais, a próxima versión da distribución, incluirá un novo tema GTK para o escritorio Gnome, moito máis limpo e claro, abandoando o típico tono marrón empregado ata a vixente 9.10 "Karmic Koala".

Podedes ver máis imaxes no wiki oficial de Ubuntu: aqui e aqui.
Via: genbeta.com
|
Enviado por ianpaice el Mar, 03/02/2010 - 12:44.
|
Juan Carlos Rod ríguez Ibarra, expresidente da Comunidade Autónoma de Extremadura e un dos grandes impulsores do uso do Software Libre en españa ven de publicar un artículo na Tribuna de "El Pais". Neste artículo trátase o interesante tema da Neutralidade na Rede e a intención do Presindente de Telefónica de cobrar ós buscadores por utilizar as súas redes.
Stallman foi premiado pola Comunidade de Extremadura pola súa aportación ó Software Libre xa fai anos.
"Lo que nos temíamos con la neutralidad de la Red, puede estar incubándose tras las declaraciones del señor Alierta, presidente de Telefónica: "Es evidente que los buscadores de Internet utilizan nuestras redes sin pagarnos nada, lo cual es una suerte para ellos y una desgracia para nosotros. Pero eso no puede seguir, las redes las ponemos nosotros (...), lo hacemos todo. Eso va a cambiar, estoy convencido", apostilló en una charla en Bilbao.
De nuevo nos encontramos con el debate que, alrededor de la neutralidad de la Red, sucedió en la campaña electoral norteamericana, donde John McCain, candidato republicano, consideraba a Internet como un producto, más que como un servicio o infraestructura, que puede ser proporcionado por el sector privado con una mínima intervención pública. En su experiencia como senador se ha posicionado ya entre los que no apoyan la neutralidad. La posición de Barack Obama fue diametralmente opuesta..." LEER MÁIS
O seños Ibarra estase a ganar a pulso un sitio privilexiado na promocion do Software Libre e na Libertade en Internet.
Saudos.
|
Enviado por kuko el Jue, 02/11/2010 - 18:09.
|
Moitos eramos os que augurabamos a morte deste tipo de negocios, dado a que hoxe en día calquera persoa ten acceso a internet, xa sexa domestico ou ca gran oferta que hai publica como telecentros e privada moitísimos bares, cafeterías… ofrecen como un servizo máis, unha “wifi” aberta para os clientes.
O principal problema en este tipo de negocios e que a inversión inicial e bastante grande, non só pola compra dos equipos en si, se non ademais, por un gasto igual ou superior, o gasto en software e licenzas, pero logrando abaratar este gasto inicial o negocio sería moito máis viable.
Aquí e onde aparece LocuLinux 1.0 para explotar un mercado descoñecido para GNU/Linux, esta distribución esta basada en Ubuntu 9.10 (Karmin Koala) e consta con todo o necesario para este tipo de negocios, Programas de Ofimática, Clientes de mensaxería…
|
Enviado por foz el Mar, 02/02/2010 - 11:18.
|
A Oficina de Igualdade de Xénero da USC organiaza o Primeiro Certame de Fotografía "Ruth Matilda Anderson", co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora [próximo 8 de marzo].
O concurso está dirixido a alumnos/as, ex-alumnos/as ou persoal docente da USC.
O tema, evidentemente, terá unha relación directa coa muller traballadora. Valorarase a creatividade e a innovación.
As datas para presentar os traballos van dende o 1 a o 18 de febreiro. Serán recollidos no Rexistro Xeral da Universidade.

As 25 fotografías escollidas pasarán a forma parte dunha exposición itinerante.
As contías dos premios para as 3 mellores fotografías serán de 1000€, 800€ e 500€.
Podedes atopar máis información en: http://www.usc.es/gl/servizos/oix/modules/news/news_0003.html
|
Enviado por ianpaice el Lun, 02/01/2010 - 14:59.
|
Boas a todos.
Levandolle a contraria a case que todo o mundo non me gusta nada Apple, por convicción. Podo aprezar que teñen un bo sistema operativo, un bo ou magnifico hardware e seguramente unha plataforma mobil (o iPhone) por agora insuperable. Pero si falamos sobre libertades Apple so proporciona cadeas, e como aqui sempre damos alternativas libres presentamos un proxecto español cahamado: iFreeTable.

- Sistema operativo usando software libre e kernel Linux.
- Sistema de radio e televisión por Internet.
- Sistema de control domótico de dispositivos dixitais do fogar.
- Sistema comunitario de difusión de eventos por Internet.
- Disco duro 160G SATA HDD
- Conexión Ethernet e WIFI
- Cámara 1,3 Mpixels
- 3 portos USB, saída VGA, lector de tarxetas 4 polgadas , 2 Mini PCI-E: unha para WiFi, 802.11b / g 54Mb e outra para 3G/3.5G HSDPA / WCDMA tarxeta (opcional) ...
Máis información de forma resumida en Mancomun.org ou na páxina do proxecto.
Saudos.
|
Enviado por ianpaice el Mié, 01/13/2010 - 13:04.
|
Boas a todos.
A través de un corre de AGASOL sobre a última reunión coa SXMIT (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) ó que acudiron as asociacións INEO, AGESTIC, EGANET, AETIC, ASIMELEC e AGASOL enterámonos do plan que ten elaborado o goberno actual da xunto no eido do FLOSS (Free Libre Open Source Software).
Más información.
Saudos.
|
Enviado por foz el Lun, 12/28/2009 - 16:15.
|
Linux Benedict Torvalds [ 40 anos ] Creador do kerner orixinal do que xurdiron os actuais sistemas GNU/Linux.

Stan Lee [ 87 anos ] Co-creador de unha chea de personaxes de banda deseñada, maiormente para Marvel Comics, moitos dos cales volven a estar de rabiosa actualidade porque adaptacións cinematográficas das súas historias foron, ou están pendentes de ser, estreadas.

Felicidades a ambos, Mestres!
|
Enviado por ianpaice el Lun, 12/28/2009 - 14:53.
|
Ainda sabendo que representar a un colectivo tan heteroxeneo como a comunidade Intenauta é realmente complicado debemos recoñecerlle ás Asociación de Internautas a súa defensa do Software Libre e da xustiza en Internet.
Recentemente foi condeada a un pago de unha multa esaxerada e que consideramos unha condena a morte interesada polos diferentes grupos de presión que desexan a súa desaparición.
A AI está reclamando a nosa axuda para o pago desta sanción e pódese facer asociándose, cunha transferencia bancaría, un pago con tarxeta e incluso a tráves de un SMS. Esta última opción e tan sinxelo como enviar dende o noso movil: AI ó 27595 (Custo de 1,20€ más IVE).
Si queres doar máis podes acceder á súa Web de doacións.
Axudemos á Asociación de Internautas!!!
|
Enviado por foz el Lun, 12/14/2009 - 10:42.
|
O creador do sistema xestor de bases de datos libre máis extendido da web, MySQL, amosouse preocupado pola inminente adquisición da compañía SUN, propietaria de MySQL, por parte de Oracle, un dos principais competidores comerciais do SXBD.
A través dun artígo no seu blogue expresa os seus temores e argumenta con exemplos a súa preocupación, como o da compra da empresa Innobase, creadores da tecnoloxía de almacenamento de datos InnoDB, tamén por parte de Oracle en 2005 e como foi xestionada dita tecnoloxía a partir de entón.
O goberno dos Estados Unidos de América xa aprobou a operación de compra, pero a Comunidade Europea está ainda preocupada polas posibles repercusións que poda ter.
Amparandose en iso, Monty pide axuda para salvar MySQL, tratando de que os usuarios de MySQL fagan chegar a mensaxe á mesma Comunidade Europea.
Non fai falla que sexades administradores de sistemas para preocuparvos de este tema.
Se tedes un blogue, coma este mesmo, ou unha páxina web, ou sodes usuarios de algún foro de calquer tipo, seguramente esas aplicacións funcionen contra unha base de datos MySQL, pois ao ser unha tecnoloxía aberta e cun sistema de licenzamento dual convirteo en un dos xestores de bases de datos relacional máis extendido de internet e que permite que os servizos web sexan baratos [e nalgún caso gratuíto].
Vale a pena que vos pasedes polo seu blogue e lle adiquedes un par de minutiños a ler o que expón:
http://monty-says.blogspot.com/2009/12/help-saving-mysql.html [inglés]
|