
1.- QUE DEBO LEVAR?
Para asistir a PARTYFOZ 2009 como participante debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe.
Ten en conta que a túa entrada che dá dereito a unha praza onde instalar o teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos.
O resto deberás traelo ti.
Para que non te esquezas de nada, imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:
.- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquécese do rato, ollo).
.- Tarxeta de rede Ethernet con conexión Rj45.
.- Regleta de enchufes.
.- Auriculares para a música. Os altofalantes están terminantemente prohibidos.
.- Roupa para os 3 días, toallas e útiles de aseo.
.- Saco de durmir e esteira, ou tenda para a zoa verde.
.- DNI, para identificarte.
.- Autorización dos pais ou titores, no caso de ser menor de idade.
Á parte disto, é recomendable traer:
.- Unha almofada.
.- Un desaparafusador de estrela, para poder abrir o teu PC se algo falla.
.- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
.- Cargador de teléfono móbil (se tiveres teléfono móbil).
.- Non está de máis que fagas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a PARTYFOZ 2009 e que instales os últimos parches de seguridade do teu sistema operativo, e un antivirus.
.- Vir descansado, para poder aproveitar o maximo os 3 días!!!!!
2.- QUE DEBO FACER CANDO CHEGUE?
Deberás dirixirte o stand de información, onde recollerán os teus datos, para saber que chegaches, e te acreditarán.
Ademáis deberás abonar a entrada. (recorda que este diñeiro so se destinará para sufragar gastos do evento, en ningún caso para lucro de ninguén.)
3.- PODO LEVAR COMIDA?
En principio, non ahi ningún problema, apesares que xa verás que termos prezos especiais concertados cunha serie de colaboradores, que nos ofertarán MENU PARTYFOZ 2009 con descontos, e teremos servizo de entrega de pizza a domicilio. Ademáis, teremos servizo de Cafetería nas instalacións.
Se o prefires, tamen temos supermercado a 2 pasos.
4.- QUE NON ESTARÁ PERMITIDO?
Estará totalmente Prohibido:
.- Fumar dentro do local principal (quedando excluido o exterior e zoa de acampada).
.- Bebidas alcoholicas no interior do recinto.
.- Os altofalantes non están permitidos.