Escrito por ianpaice o Wed, 07/05/2008 - 00:40.
Foto de ianpaice

Si estades interesados en fomentar a traducción o galego do Software Libre informámosvos de que Mancomún organizara os días 10 e 11 de Maio unhas conferencias en Santiago de Compostela.

Programa e fechas aqui.

Fonte orxinal de Mancomun.org

Saudos.

Escrito por foz o Tue, 06/05/2008 - 20:38.

Neal Stephenson, autor de, entre outras, "In the beginning.. was the command line" e "Criptonomicom" volve o proximo setembro con "Anathem".

Despois de xa 4 anos dende que editara a súa última obra de ficción en solitario ["El Ciclo Barroco"], ambientada no século 18, ofrecerá en este novo título a súa particular visión dun futuro caótico. [moi cyberpunk].

Escrito por ianpaice o Thu, 17/04/2008 - 16:36.
Foto de ianpaice

Desde o concello informan de que proximamente se vai impartir un curso de deseño Web e para aqueles que estean interesados ten as seguintes características:

Coste da Matricula 10€, para os alumnos da UNED ou do IES de foz 7€

Duración: 35 horas, do 23 de Abril ó 4 de Xuño

Horario: De 18:30 a 21:30

Válido por 2 créditos de libre configuración.

Máis información no teléfono 982141544 e no correo foz@a-coruna.uned.es

Un saudo.

Escrito por foz o Fri, 04/04/2008 - 15:15.

A 2 anos vista da data oficial na que tódalas emisións televisivas pasarán a ser exclusivamente dixitais [o chamado Apagón Analóxico], un pequeno reducto de afoutados galegos adiántanse ó plan e realizarán o seu paso á tecnoloxía televisiva dixital a partir de mañá sábado 5 de abril.

A partir de mañá, os veciños da Fonsagrada disporán de 22 canles de TDT e servirán como coellos de indias para comprobar en un entorno real como será a transición migración e como influirá nos usuarios.

Como non, todo acto que se precie debe ter políticos e autoridades varias. E, polo visto este debe ser moi importante, pois o propio presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, será o encargado de presidilo e contará con varias autoridades, entre as cales, como é de supoñer, estará o Sr. Alcalde da Fonsagrada.

Tamén haberá "festa-jolgorio" amenizada por Rosa Cedrón e o grupo Cómplices.

Via: vertele.com
+ info: Europa Press

Escrito por foz o Thu, 03/04/2008 - 11:41.

 

Está en inglés e xa ten algún tempo, pero vale a pena adicarlle a hora e media escasa que dura.

 

Via: davidgp.com

Escrito por foz o Tue, 25/03/2008 - 11:44.

 

Escrito por rubperez o Wed, 19/03/2008 - 16:44.

Según leo na edición dixital de "La Voz de Galicia" a aula universitaria da Uned de Foz organiza un curso de Linux que desenrolará entre o 7 de abril e o 6 de mayo, luns e vernes de 18.30 a 20.30.

O precio para os alumnos da Uned ou do IES de Foz será de 3 euros, e para o resto dos mortais 6 euros.

Para máis información pódese chamar o número 982141544 ou para apuntarse na mesma aula ou na casa da xuventude de Foz.

Xa non hay excusas para olvidarnos unhos días do noso amigo "Windows" e probar outras novas e moi válidas alternativas.

 

Escrito por foz o Wed, 19/03/2008 - 14:43.

WikiMedia Commons : Image:Clarke sm.jpg

 Sir Arthur Charles Clarke: [ Minehead, Somerset, U.K. 16/12/1917 - Colombo, Sri Lanka 19/03/2008 ].

Autor de, entre outras obras, a saga clásica da sci-fi: "Odisea" baseada nun relato curto previo "The Sentinel" e que tamén deu pé á versión cinematográfica do mesmo nome dirixida por Stanley Kubrick.

 Clarke, de 90 anos de idade, falecía aproximadamente ás 21:30 [hora española, 1:30 hora de Sri Lanka] debido a problemas respiratorios.

Escrito por foz o Tue, 18/03/2008 - 18:27.

Leo na edición dixital de "El Progreso" que dous equipos de estudantes do IES de educación secundaria de Foz pasarán ás finais de sendos concursos relacionados co ámbito empresarial.

O primeiro, organizado pola Fundación Caixanova, consiste na simulación da explotación dunha empresa do sector lácteo.

Na final só participarán 5 equipos dos 446 que se presentaron ó concurso dos cales os alumnos do IES Foz serán os representantes da provincia de Lugo.

Por outra parte, outro grupo de alumnos, compañeiros destes últimos, clasificáronse tamén para a final da sexta edición do Reto Alcoa.

O Reto Alcoa é un exercicio de simulación empresarial por ordenador, organizado por unior Achievement España e patrocinado por Fundación Alcoa.

Escrito por foz o Tue, 18/03/2008 - 09:09.
xkdc.com : Morning